Transcripción dunha carta manuscrita de Alexandre Bóveda ó seu
irmán Vicente, na que revela con gran sinceridade o seu pensamento
progresista.
DELEGACION HACIENDA PONTEVEDRA
2/11/932
El
Jefe de Contabilidad
PARTICULAR
S. Vicente Bóveda
Ourense
Querido Vitín:
Canto che dixese acerca de ledicia que a tua
carta por todos conceptos me produxo sería pouco. Xa xabía por
Castelao do teu debut en Lobeira. E teño que che decir que eu
agardadaba, un día ou outro, iste arranque teu. Como tiña direito a
agardar do meu menor alumno de hay uns anos, ao que non en balde tiña
adicado moitos dos meus máis estusiastas esforzos; Perdoa ista íntima
vaidade de maestro e irmán! Agora comprenderás por qué, vendo que
desperdiciabas ocasións de probar os teus merecimentos, berraba
contigo. Perdóamo, pol-o desexo con que o facía e... ¡ADIANTE!,
Vitín! Sobre todo, procura ler moito d-aquelo a que teñas afición.
Agora, ao teu encárrego: mándoche un exemprar do meu traballo, no que
toparás algúns datos que che poden intresar pra a conferencia da
Mocedade, que me pareceu moi ben que aceptases. Así é como se ten que
facer un estudo verdadeiramente serio das cousas.
Pol-a miña parte, engadireiche, sin perxuicio do que, según vexo, tes
xa pensado, que nos os nazonalistas (porque penso que o teu amor â
Terra será conscente e integral) debemos ourentar istas conferencias
adicándoas a probar que o que verdadeiramente lle conviña a Galicia era
a autonomía total no orden económico e fiscal, pra que a nosa Terra
(célula de universalismo) tivese istas tres ventaxas: 1.ª vivir n-un
réxime ceibe que lle permitise orgaizar o seu réxime contributivo
i-económico como máis lle conviñese asegún as suas caraiterísticas,
porque Galicia, como célula viva, con persoalidade propia necesita como
calquer orgaismo unha alimentación especial do seu aparato dixestivo (a
economía); 2.ª, non ten que vivir n-un réxime de inxusticia económica
(aranceles proteitores dos outros) e fiscal (réxime de concerto das
Vascongadas e tributación de Cataluña na mesma proporción que nós)
inxustos, como son os que nos impón o Estado; e 3.ª, vivificarse, como
tal célula, pra poder un día incorporarse (canto antes mellor) as novas
correntes da economía universal, pois, contra o que pensan moitos, ao
nazonalismo galego convenlle o internacionalismo económico que
rematará co aitual réxime de competencia antre os estados
imperialistas aituaes, que, a conta das nazonalidades sometidas, con
economías retrasadas, en estado natural, viven en un nivel medio
superior ao noso. N-un réxime de internazonalismo económico en que
nós sexamos unha célula ceibe pero coordinada co conxunto, viviríamos
moito mellor. Craro que os privilexiados teñen que entrar pol-o camiño
da cooperación e do colectivismo; pero a xuventude no orde económico
debe abrir o esprito a istas correntes de xusticia social.
Iste preambulo é a miña tesis de nazonalismo nos ordes económico e
social, que xa expuxen en algúns sítios e coido que non tardará en
abrirse camiño. Si queres podes tomar todo o que coides comenente como
introdución. Porque, naturalmente, que tes que cinguirte ao teu tema
que pode ser a segunda parte da conferencia, decindo que si iso sería o
ideal non é realizabre dentro da Constitución aitual, porque ista, na
sua parte de Facenda, estabreceu a unidade, non a federación, como nós
quixéramos, de todal-as economías dos pobos de Hespaña e deixou
reservado pra o Estado o réxime fiscal, o económico, o de creto. Todo.
¿Cáles son pois os camiños a seguir? No Faro veu un resume da
conferencia de Sierra, abogado do Estado en Vigo que fai un análisis
interesante. Mándoche o recorte. E as ouxecións sairon n-a editorial
de «Pueblo» de hoxe, que tamén che mando. Hay outras
editoriaes de días anteriores (son catro) sobre da parte de Facenda do
anteproyecto do Estatuto galego que tamén che poden servir e supoño que
terás gardadas.
A todo iso somentes quero engadir duas cousas, nas que conven que
insistas:
1.º punto. A nós convíñamos presentar o probrema de outra maneira,
según Castelao dixo nos seus reparos â parte de facenda do Estatuto
catalan; a saber: no orden espritual, concesión total, porque cantas
mais culturas desenrolen os pobos de Hespaña, mellor pra Hespaña.
Fernando de los Ríos glosou n-un discurso pronunciado creo que, no
Coliseum, aquela frase conocida «un pobo que ten varias linguas,
vive varias culturas, i-e como si tivese varias vidas. Pero no orde
económico, fiscal e de creto habia que modificalo todo, estabrecendo
(non a absurda unidade) a armonía e a solidaridade sobre de bases
xustas, a saber: (a) suprimindo os aranceis proteitores dos panos
catalans, ferros vascos, trigos de Castela, carbons de Asturias etc. Ou
xa que isto, dentro do réxime capitalista aitual, non pode ser
dándonos compensacións: importación de millo, prohibición de entrada
de carnes e madeiras; rebaixa dos direitos pra a folla de lata pra as nosas conservas; revisión do réxime de continxentes de importación
estabrecidos, pra protexer aos demais, pol-os países que nos mercaban
productos galegos; etc.
b) modificación do réxime contibutivo aitual, substituindoo pola
tributación progresiva sobre a riqueza ou a renda, co que nós non
tributaríamos na mesma proporciónn que os grandes capitalistas de
Vascongadas, Cataluña, etc.
c) separación da deuda púbrica, pra que Galicia non tivese que pagar a
contraída en beneficio de outros e moitas veces con perxuicio noso.
Pero o Estado como queda dito non consinte ise planteamento. Logo nós
temos que conquerir tanto como Vascongadas e Cataluña. As demais
rexións irán facendo o mesmo. E chegará un día en que non haberá
mais remedio que facer a modificación d-iste réxime inxusto aitual que
herdamos do absolutismo centralista das dinastías extranxeiras e que, un
día ou outro, a Repubrica ten que modificar. Ise é o criterio do noso
Anteproyeito, no que ademais do que lle diron aos cataláns pedimos as
compensacións arancelarias, que iles non pediron, porque xa as teñen
sin necesidade de Estatuto. Os que non vexan isto son parvos.
2.° punto. Falan algúns da capacidade económica de Galicia. Eu
demostrei nun traballo que, no orde fiscal, a temos para un réxime de
autonomia integral. E, no económico, mais.
P.S.
Supoño que Risco vos inteiraría da xurdia xuntanza que o domingo
tivemos en Santiago. Mais apertas. |